Amosando publicacións coa etiqueta galletas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galletas. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de maio de 2014

Alfajores e alfajores de chocolate

¿Que facer cando che dan uns botes de "dulce de leche"? Pois automáticamente viñeronme á cabeza os alfajores.
Cando non eres moi adicta ao doce e che dan este tipo de dulce, creo que a mellor opción son os alfajores xa que as galletas, suaves e blandiñas, compensan o dulzor do recheo.
Nunca fixera este doce polo que estiven consultando varias recetas, e collendo ideas dun lado e doutro...optei por esta que poño aquí (E que xa non lembro de que web a saquei...consultei tantas!)
Saíron un pouco grosas, pois aínda que fixen caso á receita que decía de deixalas dun centímetro de grosor, a próxima vez estirarei máis a masa, pois no forno crecen bastante.
Pero en calquera caso... están riquísimas! E a versión chocolateada....ñam, ñam!! (As de chocolate estéticamente non quedan moi ben porque non lle collín ben o punto á cobertura e porque ademáis levan un día na neveira (pois os alfajores están máis ricos dun día para outro) pero aínda así están boísimas!


Ingredientes:
  • 200 gramos de manteiga
  • 200 gramos de fariña de trigo (da corriente, non precisa ser de repostería)
  • 300 gramos de maizena
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 2 culleradiñas rasas de levadura de pastelería
  • 150 gramos de azucre
  • 3 xemas
  • 1 cullerada de coñac
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla
  • 1 culleradiña ben chea de raiadura de limón
  • Coco raiado (para os alfajores tradicionais)
  • Dulce de leche (para o recheo)
  • Chocolate de cobertura e leite enteira (para os alfajores chocolateados)

Receita:
Antes de nada aviso que con estas cantidades salen un montonazo de alfajores. Aquí saíronme uns 30, e tendo en conta que polo visto aínda se pode estirar máis a masa e non deixala a un centímetro de grosor, pois poderían saír máis.

- Tamizamos a fariña de trigo, a fariña de maizena, o bicarbonato e a levadura de panadería. Misturamos ben todo e reservamos
- Noutro bol, batimos a manteiga, que debe estar ben blandiña, co azucre. Cando esté ben integrado todo, agregamos as xemas de unha en unha sen deixar de batir, e seguiremos coas culleradas de coñac, esencia de vainilla e a raiadura de limón.
- Incorporamos as fariñas a esta mistura de xemas e esencias. Non vos extrañedes se vedes que a masa de xemas queda pouco líquida. Non vos preocupedes. A maizena absorve moitísimo menos líquido que a fariña de trigo, polo que aínda que esta parte de xemas e azucre quede tipo crema en vez de líquida, incorporarase todo perfectamente.
- Traballamos a masa pouco a pouco. Se vemos que nos queda aínda así moi pegañenta, engadiremos un pouquiño máis de maizena. Se vemos que nos queda moi seca, podemos batir unha das claras das tres xemas e engadirlla á masa, pero sempre de unha en una para non pasarnos tampouco de humidade.
- Deixamos repousar a masa cuberta con film na neveira polo menos media hora.
- Unha vez enfríe ben a masa, procedemos a formar as galletiñas. Prequentamos mentras tanto o forno a 180º ou 170º (depende do forno)
- Estiramos a masa e deixamola de algo menos dun centímetro de grosor. Como decía, nas recetas que eu consultei poñía deixalas de un centímetro, pero como vedes polas fotos despois no forno creceron bastante, así que case mellor deixalas algo máis finas.
- Cun cortapastas (ou se non tedes, cun vaso ou copa duns 4 centímetros de diámetro) formar as galletas. Fornear una 10-15 minutos a 180º ou 170º. A temperatura e tempo coma sempre depende do forno. En calquera caso hai que ter en conta que teñen que quedar máis ben esponxosas, non duras.
- Unha vez teñamos tódalas galletas, con axuda dunha manga pasteleira iremos poñendolle o "dulce de leche". Poñeremos o doce sobre unha das galletas e cubrímola con outra. Non nos preocupemos se vemos que lles sobresae por fora un pouco.
- Os alfajores clásicos remataríanse con coco raiado. Poñemos coco nun prato e faremos rodar os alfajores sobre o coco, para que se quede pegado ao "dulce de leche" que sobresae.
- Os de chocolate non levan coco, polo que reservaremos algúns sen el. Para o chocolate, simplemente no microondas ou ao baño maría derretiremos chocolate de cobertura. Engadirémoslle algo de leite, pero iremos facendo a crema pouco a pouco e controlando canto leite lle poñemos, xa que hai que ter en conta que a crema de cacao non pode quedar moi líquida (pois senón non quedará fixado aos alfajores, xa que escurrirase antes de darlle tempo a enfriar), pero tampouco moi espesa.
A clave aquí é usar un chocolate rico. Eu uso o de Nestle, e non lle engado azucre ningún porque xa non é amargo de todo, e porque xa ten azucre bastante o alfajor en si mesmo.
E se vos sobra chocolate...non vos preocupedes! engadides máis leite e facedes un chocolate para beber riquísimo  :-)

Refrixeramos unhas horas (incluso un día) e... a desfrutar!

Recomendación musical: Aquí si que era necesario voltar aos tópicos, xa que como este é un dos postres tipiquísimos de Arxentina, a música non podía deixar tamén de selo. "Volver", de Carlos Gardel


luns, 4 de novembro de 2013

Roscos de viño

Si, xa sei que aínda estamos a primeiros de novembro, pero haberá que ir practicando e preparándose para o Nadal, ¿non?.
E así aproveito ademáis a receta para presentarvos outra interesante aplicación para os aficcionados á cociña. Neste caso non é unha aplicación de i-pad, senón unha revista. A publicación chámase Sal y Pimienta e para min realmente foi todo un descubrimento. Trátase dun magazine no cal podedes atopar excelentes seleccións de recetas de temporada, acompañadas de fermosas fotos, e outras curiosidades culinarias. A única pega que lle vexo (xa por ser quisquillosa) é que para o meu gusto non se extende moito explicando as recetas. Si... xa sei... eu creo que me paso coas explicacións, pero como son unha novata neste tema sempre penso que é preciso explicar ben as cousas, pois eu persoalmente precisoo cando se trata da primeira vez que fago algo.
Conta con 4 publicacións anuais, unha por estación, que ata o de agora só se podían conseguir online, pero por sorte parece ser que para este inverno a poderemos atopar tamén nas librerías.
Xa me tarda vela en papel...

E precisamente de "Sal y Pimienta" saquei estas recetas tan navideñas: roscos de viño e polvoróns. Vou adiantando a foto dos dous doces, pero de momento só vou a poñer a receta dos roscos. (O meu doce navideño favorito).

 
Ingredientes:

- 1 quilo de fariña
- 400 ml de aceite de oliva
- 250 gr. de azucre
- 30 ml. de augardente
- 250 ml. de viño doce
- 40 gramos de sésamo tostado (ajonjolí)
- raiadura dun limón
- unha culleradiña de canela (ou dúas, según o gusto)
- azucre glass para decorar

Receita:

- Antes de nada temos que fretir o aceite. (Aquí comezamos cos problemas de explicación da revista... Cando preciso usar aceite en pastelería nunca necesitei fretilo antes, polo que non sei moi ben o punto que debe coller o aceite frito para estes casos. Por suposto sei que non se debe queimar, pero non sei se é que debe alcanzar unha temperatura concreta ou como é. Se alguén me pode aconsellar... agradeceríao, para a próxima vez. Eu o que fixen, por si acaso, foi simplemente agardar a que comezase a facer burbulliñas, deixalo uns 10 segundos fervendo así suave, e quitalo do lume. Non só para evitar queimalo, senón tamén porque o aceite de oliva non soe soportar altas temperaturas, así que preferín non pasarme).
En calquera caso, cando esté listo, deixalo enfriar mentras imos preparando a mise en place.

- Cando teñamos os ingredientes todos listos e o aceite frío, poñemos a fariña nun bol amplio e imos incorporando o aceite de oliva frito pouco a pouco. Misturamos ben.


- Seguidamente agregamos o resto de ingredientes: viño doce, augardente, raiadura do limón, a canela, azucre e sésamo. Seguir mesturando e amasando ata que esté todo ben incorporado. Quedará unha masa bastante húmida pero que non se pegará moito ás mans.

- Prequentamos o forno a 180º, e mentras tanto, estiramos a masa cun rodillo (ao marmol pegábaseme un pouco, por eso púxena sobre papel de forno. Como só era para amasar, o papel podedes aproveitalo para despois ir ao forno ou para outra ocasión que amasedes.)
Estirámola ata conseguir unha lámina duns 2 centímetros de espesor. Se non tedes cortapastas para roscas (como o meu caso), podedes arranxalo cun vaso para o borde exterior e para o de dentro, eu usei a tapa da botella de Sanson  :-)
Volver a amasar os recortes e seguir facendo roscos ata rematar ca masa.

- Forneamos os roscos a 180º uns 20 minutos. Os roscos de viño son bastante duriños, pero non vos extrañedes se ao sacalos do forno aínda están un pouco blandiños, xa que ao enfriar endurécense. E millor así que pasarvos de cocción.
Cando enfríen, espolvorear con azucre glass.
¡E listos! un bo montón de ricos roscos de viño. Aviso que a pesar do Sanson ou viño doce o sabor non é tan marcado como os roscos mercados pero están de rechupete!

Recomendación musical: Coido que a nadie soará raro que estes roscos se acompañen dunha canción de Nadal. "Nadal de Luintra", de Berrogüetto.