luns, 4 de novembro de 2013

Roscos de viño

Si, xa sei que aínda estamos a primeiros de novembro, pero haberá que ir practicando e preparándose para o Nadal, ¿non?.
E así aproveito ademáis a receta para presentarvos outra interesante aplicación para os aficcionados á cociña. Neste caso non é unha aplicación de i-pad, senón unha revista. A publicación chámase Sal y Pimienta e para min realmente foi todo un descubrimento. Trátase dun magazine no cal podedes atopar excelentes seleccións de recetas de temporada, acompañadas de fermosas fotos, e outras curiosidades culinarias. A única pega que lle vexo (xa por ser quisquillosa) é que para o meu gusto non se extende moito explicando as recetas. Si... xa sei... eu creo que me paso coas explicacións, pero como son unha novata neste tema sempre penso que é preciso explicar ben as cousas, pois eu persoalmente precisoo cando se trata da primeira vez que fago algo.
Conta con 4 publicacións anuais, unha por estación, que ata o de agora só se podían conseguir online, pero por sorte parece ser que para este inverno a poderemos atopar tamén nas librerías.
Xa me tarda vela en papel...

E precisamente de "Sal y Pimienta" saquei estas recetas tan navideñas: roscos de viño e polvoróns. Vou adiantando a foto dos dous doces, pero de momento só vou a poñer a receta dos roscos. (O meu doce navideño favorito).

 
Ingredientes:

- 1 quilo de fariña
- 400 ml de aceite de oliva
- 250 gr. de azucre
- 30 ml. de augardente
- 250 ml. de viño doce
- 40 gramos de sésamo tostado (ajonjolí)
- raiadura dun limón
- unha culleradiña de canela (ou dúas, según o gusto)
- azucre glass para decorar

Receita:

- Antes de nada temos que fretir o aceite. (Aquí comezamos cos problemas de explicación da revista... Cando preciso usar aceite en pastelería nunca necesitei fretilo antes, polo que non sei moi ben o punto que debe coller o aceite frito para estes casos. Por suposto sei que non se debe queimar, pero non sei se é que debe alcanzar unha temperatura concreta ou como é. Se alguén me pode aconsellar... agradeceríao, para a próxima vez. Eu o que fixen, por si acaso, foi simplemente agardar a que comezase a facer burbulliñas, deixalo uns 10 segundos fervendo así suave, e quitalo do lume. Non só para evitar queimalo, senón tamén porque o aceite de oliva non soe soportar altas temperaturas, así que preferín non pasarme).
En calquera caso, cando esté listo, deixalo enfriar mentras imos preparando a mise en place.

- Cando teñamos os ingredientes todos listos e o aceite frío, poñemos a fariña nun bol amplio e imos incorporando o aceite de oliva frito pouco a pouco. Misturamos ben.


- Seguidamente agregamos o resto de ingredientes: viño doce, augardente, raiadura do limón, a canela, azucre e sésamo. Seguir mesturando e amasando ata que esté todo ben incorporado. Quedará unha masa bastante húmida pero que non se pegará moito ás mans.

- Prequentamos o forno a 180º, e mentras tanto, estiramos a masa cun rodillo (ao marmol pegábaseme un pouco, por eso púxena sobre papel de forno. Como só era para amasar, o papel podedes aproveitalo para despois ir ao forno ou para outra ocasión que amasedes.)
Estirámola ata conseguir unha lámina duns 2 centímetros de espesor. Se non tedes cortapastas para roscas (como o meu caso), podedes arranxalo cun vaso para o borde exterior e para o de dentro, eu usei a tapa da botella de Sanson  :-)
Volver a amasar os recortes e seguir facendo roscos ata rematar ca masa.

- Forneamos os roscos a 180º uns 20 minutos. Os roscos de viño son bastante duriños, pero non vos extrañedes se ao sacalos do forno aínda están un pouco blandiños, xa que ao enfriar endurécense. E millor así que pasarvos de cocción.
Cando enfríen, espolvorear con azucre glass.
¡E listos! un bo montón de ricos roscos de viño. Aviso que a pesar do Sanson ou viño doce o sabor non é tan marcado como os roscos mercados pero están de rechupete!

Recomendación musical: Coido que a nadie soará raro que estes roscos se acompañen dunha canción de Nadal. "Nadal de Luintra", de Berrogüetto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario