E precisamente que millor que abrir este meu blog de recetas que esta tarta de figos que aprendín neste blog de El País.
Coincide ademáis que estamos no tempo dos figos, e temos a figueira cheíña de frutos. Por sorte na casa aínda somos larpeiras e larpeiro, e gústannos ben, pero aínda así, sempre se agradece tamén buscar outra forma de comelos. E certamente esta é moi acertada.
Un postre esponxoso, sabroso, pero non extremadamente doce (advirto aos máis lambóns que quizais neste blog non atopareder recetas excesivamente doces. Gústame moitísimo a repostería, pero non tendo a abusar do azucre).
Delicioso pastel e ademáis, sinxelo de facer. ¿Pode haber algo millor?
Esta tarta leva algunha lixeiriña modificación respecto a de El Comidista.
Ingredientes:
- 340 gramos de figos
- 3 ovos
- 200 gramos de fariña
- 130 gramos de azucre
- 120 ml. de aceite de oliva
- 80 ml. de leite enteira
- 1/2 cucharadiña de levadura de pastelería
- 1/2 cucharadiña de extracto de vainilla
- 1/2 cucharadiña de romeu picado
- Ralladura dun limón
- Unha pizca de sal
Preparación:
Prequentamos o forno a uns 180º mentras imos preparando a masa.
Batimos os ovos co azucre nun bol grande. Cando estén blanqueados, engadir o aceite, o leite, o extracto de vainilla e volver a misturar.
Noutro bol, misturar a fariña tamizada, coa levadura, romeu, sal e a ralladura do limón. Misturar todo ben e cado esté, incorporar despacio á mistura anterior ata conseguir unha masa homoxenea.
Mentras repousa a masa, ir lavando e picando os figos en cuartos. Eu piqueinos en cachos algo máis pequenos. Reservar unha cuarta parte máis ou menos para adornar a tarta, e as outras 3/4 partes dos figos picados, incorporalos á masa. Misturar todo ben.
Para tódolos biscoitos, e polo tipo de forno que temos na casa, sempre comezo poñendo só calor por abaixo ca bandexa no centro do forno.
Cando ao pinchar o biscoito vexo que está case listo, que só lle quedarán uns 10 minutos máis, entón póñolle tamén calor por arriba. Non sei se é a forma correcta, só sei que despois de moito experimentar con este forno, é a forma de que me suban ben os biscoitos e que se cozan perfectamente sen queimarse ou tostarse demasiado.
Cando o biscoito esté listo, esparcir por encima o resto de figos que tíñamos picados e volver a fornear, nesta ocasión só pola parte de arriba, para que colla algo de cor.
Desmoldar e.... a desfrutar!!
A recomendación musical para acompañar este biscoito non podía ser outra que "Pan de higo", de Rosendo. Como non!
Ningún comentario:
Publicar un comentario