Unha vez máis, saquei a receta do magnífico blog Un Cachiño Doce.
Ingredientes:
800 gramos de fariña de forza
6 ovos
160 g de azucre
125 g de manteiga de vaca derretida
Raiadura de dous limóns
Raiadura de dúass laranxas
50 ml de zume de laranxa
Uns 25 gramos de levadura de panadeiro (soen ser 3 sobres)
100 ml de anís
1 culleradiña de sobremesa de sal
100 ml de leite
Receita:
- Antes de nada decir que eu con estas cantidades precisei bastante máis de 800 gramos de fariña. Debín usar o quilo enteiro tranquilamente.
- Derretimos a manteiga de vaca (en calquera supermercado se atopa xa lista para repostería, e a diferencia entre usar esta manteiga ou clarificar a mantequilla... é abismal). Deixar que arrefrie un pouco.
- Nun bol, batir os ovos. Cando estén, agregar ir agregando de un en un ingrediente o azucre, o zume, o anís, as raiaduras e a manteiga. Cada vez que engadas un ingrediente, volver a batir, e non agregar o seguinte ata que esté ben integrado o anterior. Aviso que, para os que sexades máis lambóns quizais tedes que engadirlle máis azucre. A min non me gustan moito que os biscoitos queden moi doces, ao contrario, pero quizais 160 para tanta fariña si se quedou algo escaso. Quizais probar con 180 ou incluso 200, se sodes moi lambón.
- Templar o leite (ollo! só templar, non ferver), e mentras, ir tamizando a fariña. Engadirlle a levadura e misturar ben. Facer un oco no centro da fariña a modo de volcán, e incorporar a mestura dos ovos. Incorporar tamén o leite temperado e comezar a misturar tódolos ingredientes cunha cuchara de pao ou cunha lingua de silicona.
Cando vaia collendo forma a masa, comezar a amasar coa man na mesa, incorporando fariña se vemos que precisamos máis. A idea é que quede unha masa elástica e boa de traballar, pero que non se pegue moito ás mans. É unha masa bastante húmida, polo que non vai a quedar coma se fose un pan, pero tampouco se debe pegar moito ás mans.
- E por suposto, para que tamén deixe de pegársenos ás mans... a solución é amasar ben. Hai que ter paciencia, aviso. Está ben agregar un pouco de fariña de máis se vemos que a precisa, pero tamén hai que amasar ben para que non se pegue. Engadir fariña porque sí non é a solución. Hai que amasar polo menos 20 minutos. Este tipo de masas é o que teñen: que precisan dun bo amasado.
Miña avoa cando mandaba a miña nai de pequena amasar a masa do pan, sempre lle decía : "Hai que amasar ata que súe o pé da artesa". Pero miña nai sempre miraba e nunca lle vía o suor, polo que non podía parar. Así que... xa sabedes. Amasar ata que súen as patas da mesa. :-)
- Cando levedes xa un tempo amasando e vexades que a masa xa non se pega e colleu forma, facer un bolo e deixalo no bol enfariñado a repousar. Deixala cuberta cun plástico film no forno apagado, ou en calquera outro sitio que non teña corrente. Ten que levedar unhas dúas horas, ou ata que dobre o tamaño.
- Cando teña levedado, dividir a masa en 2 e facer con cada metade unha pequena trenza, ou si se prefire, unha forma redonda de rosca. Lembrade de darlle forma directamente sobre o papel de forno sobre o cal cociñaredes os pans, porque así será moito máis sinxelo cambialo de fonte.
Deixar de novo que levede, de novo ata que duplique o volume (outras dúas horas) no forno apagado.
- Pasadas as dúas horas retirar do forno os pans e prequentalo a uns 180 grados. Mentras se prequenta, decorar con azucre humedecido en anis. Só tedes que poñer nun vaso a cantidade de azucre que precisedes para decorar, e engadirlle unhas gotas de anís. Só unhas gotas serán suficientes. Amasar e mesturar ben cos dedos o azucre para que se empape, e ir extendendo pola masa.
- Baixar o forno a uns 170 e deixalo uns 20 minutos. Pasado este tempo, cubrir con papel de aluminio para que non se queime pola parte de arriba e continuar a cocción outros 15 minutos máis ou menos. Esto como todo é orientativo e depende do forno e tamén do tamaño do bolo, pois podedes facelo máis pequeno se queredes.
Como o proceso é bastante longo, podedes facer a masa pola tardiña e unha vez esté levedada a masa a temperatura ambiente, en vez de formar a trenza ou rosca, gardar a masa na neveira e seguir co proceso á mañá seguinte. Así se o queredes tomar de postres, tedes toda a mañá para formar as trenzas, para que leveden e para cocelo, e así, comelo ben fresquiño.
Recomendación musical: Non foi sinxelo atopar unha recomendación para este postre, pero logo de pensar un pouco, ocurríuseme que tería que ser algo coma este doce: aparentemente sinxelo, pero cheo de matices e sobre todo, doce e suave.
Déixovos por eso "Arriero", de Coetus
Ningún comentario:
Publicar un comentario