Neste caso presento dúas aplicacións cunha mesma receta.
A primeira vez que vin estes cupcakes foi velos e pensar: "teño que probar a facelos"... e eso que o merengue non é que me guste moito, pero é que son tan bonitos... Vinos por primeira vez na revista dixital Whole Kitchen. Unha páxina web moi completa e chea de recetas fantásticas, pero tamén contan con varios exemplares de revistas que te podes descar en pdf dende a súa web.
Gracias a Whole Kitchen coñecín esta receta, pero debo decir que á súa vez eles atopárona na web da gran reposteira Marta Stewart, á que tamén sigo de vez en cando. A única diferencia Marta Stewart realizaba as magdalenas de chocolate. Eu aquí seguín a receta de Whole Kitchen, que consiste en magdalenas con aroma de vainilla e chispiñas de chocolate. A única diferencia é que eu fixen menos cantidade, porque utilicei unhas cápsulas de magdalenas máis ben pequenas, xa que supoñía que ao levar magdalena, chocolate e merengue resultaría moi pesadas facelas grandes.
Pero do mesmo xeito... podedes adaptala ao voso estilo ou gustos e facer as vosas magdalenas favoritas, por suposto.
Ingredientes:
Para os cupcakes:
- 200 gramos de fariña
- 150 gramos de azucre
- 2 ovos
- 80 gramos de manteiga
- 80 millilitros de leite
- 70 gr de chips de chocolate (no meu caso non tiña, así que usei chocolate picado)
- 1 culleradiñas de esencia de vainilla
- 1 pizca de sal
- 1 culleradiñas de levadura de pastelería
Para o merengue:
- 2 claras de ovo
- 120 gramos de azucre glass
- 2 culleradiñas de zume de limón (Na receta usa unha culleradiña de cremor tártaro. Úsase para que as claras monten millor, pero como é rara atopala e ademáis non o usaría case nunca, pois púxenlle un pouco limón, que fai un pouco o mesmo efecto. O sal ou vinagre farían o mesmo efecto tamén)
- 40 mililitros de auga
- 250 gramos de chocolate de fundir
- 2 culleradas de aceite de xirasol (ou calquera aceite vexetal)
Receita:
- Batimos os ovos. Agregámoslle a manteiga, o leite, a esencia de vainilla e batimos todo ben.
- Noutro bol misturamos tódolos ingredientes secos (fariña tamizada, azucre, sal e levadura). Misturamos e agregamos estes ingredientes secos aos líquidos. Misturamos, pero sen o batidor. Simplemente cunha culler de pao ou cunha lingua iremos amasando todo. Cando esté listo, agregamos os chips de chocolate (ou como no meu caso, o chocolate picado) e volvemos a misturar ben.
- Prequentamos o forno a 180º e mentras tanto imos repartindo a masa nas cápsulas das magdalenas. Cando estén listos, forneámolos uns 20 minutos. Mentras, iremos preparando o merengue.
- Poñemos nun bol que poida ir ao baño maría o azucre, auga, claras e o zume de limón. Con batedor eléctrico a máxima velocidade batimos un minutos máis ou menos. Pasado o minuto, pasamos o bol ao baño maría, que estará con auga quente. Haberá que ter coidado en que a auga non chegue a ferver.
Xa no baño maría haberá que batir tamén a velocidade máxima polo menos uns 10 minutos, ata que o merengue esté firme. Cando vexamos que está, retirámolo do lume e batimos un par de minutiños máis para que temple un pouco o merengue.
- Cunha manga pasteleira con boquilla ancha, iremos facendo unha espiral de merengue sobre cada cupcake. Meterémolos na neveira mentras preparamos a cobertura. (Eu deixeinos na neveira algo máis de tempo. Deixeinos unha horiña e pico antes de poñerlle o chocolate)
- Fundimos o chocolate ao baño maría ou no microondas. Cando esté derretido agregámoslle o aceite e volvemos a misturar ben. Deixarémolo enfriar uns 10 minutos, e cando esté atemperado, pasarémolo a un bol ou vaso alto e ancho. Hai que ter en conta que teremos que ir sumerxindo os cupcakes para que o merengue se empape en chocolate, polo que teremos que ter coidado de usar un bol onde o merengue non choque no fondo nin nos laterais do recipiente.
- Cubrimos ben o merengue, sacámolo e deixámolos de novo na neveira.
E cando o chocolate esté seco.... a disfrutar!!
Recomendación musical: Aínda que se trata dun postre "para tódolos públicos" eu persoalmente relacionoo con un postre moi de cativos. Tomade unha destas magdalenas escoitando a "Rosalía pequeniña" de Uxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario